Torre de Amarante

sábado, 28 de enero de 2012

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN IRREGULARIDADES NO COBRO DAS TASAS DE AUGA E ALCANTARILLADO

. Nas últimas datas o concello de Antas de Ulla empezou a cobrar as tasas de auga e alcantarillado.
Segundo os socialistas as queixas dos veciños son numerosas e demandan aclaracións sobre este cobro, xa que están a recibir nos seus domicilios recibos para o pago das tasas que non son o suficientemente claros. Dende o Concello, lonxe de subasanar as dúbidas dos veciños, cando estes se dirixen as oficinas municipais é unha concelleira do PP a que atende as demandas do público, non o fai un funcionario de xeito oficial.
Os socialistas demandan unha aclaración da situación, pois ainda que consideran que e necesario pagar por determinados servicios, reclaman que se faga dun xeito ordenado, transparente e con información suficiente, así declaran “dende que o gobernó de Antas non presenta as contas ten dificultades para recibir as aportacións estatais e autonómicas” e inciden “o verse sen cartos parece que o Alcalde pretende recaudar dos veciños para soster o concello”.
En ningún momento se fixo publicidade da ordenanza municipal reguladora para que os veciños fosen coñecedores das tasas que si ían aplicar, nin dos períodos que se pasarían a cobro, nin da data na que si iniciaría o proceso, chegando o extremo de que algúns cidadáns viron como se lles retiraban cartos das súas contas bancarias sin recibir ningún tipo de información do motivo, nin os recibos do concello para comprobar que os datos e lecturas eran correctos, de feito moitos queixanse de que estas lecturas son erróneas.
Segundo informan os socialistas, as posibles irregularidades na emisión dos recibos de auga e saneamento son numerosas, dando conta das mesmas a continuación:

- No concepto figura PADRON AUGA E ALC. 2008, e no detalle do EXERCICIO figura 2008 por un PERÍODO ANUAL. Mais abaixo vemos como se reflexa a LECTURA ACTUAL que segundo os veciños se corresponde coa lectura de finais do ano 2011. E así llo aclarou a concelleira do PP, Doris Sobrado, cando foron a pedir explicacións, manifestando ésta que o período de cobro era ata Decembro do 2011.
Neste punto en concreto, os socialistas esixirán o Concello que lles faga chegar os veciños as lecturas con data completa (día, mes e ano), xa que nos recibos non figuran nin a data de lectura anterior nin a actual. Asimesmo pedirán explicacións de por qué se fai ver que o cobro e Anual (2008) cando por outro lado a concelleira do PP aclara que a lectura actual nos recibos emitidos chega ata Decembro 2011, sin que os usuarios teñan constancia da súa lectura oficial no ano 2008 de maneira singular, e dos anos seguintes en xeral.
- O número de contador que figura no recibo non se corresponde co que figura físicamente no contador, polo que non é posible verificar que o cunsumo reflexado se corresponda a realidade.

- Ausencia do CIF do emisor (Concello de Antas de Ulla).
Ante esta caótica situación que están a sufrir os veciños de Antas de Ulla, os socialistas levarán a cabo diferentes inciativas, tales como:
- Esixiran que se de publicidade ante os veciños da ordenanza municipal reguladora para que sexan coñecedores das taxas que se lles poden aplicar dependendo do tramo de consumo no que se atopen.

- Pedirán aclaracións sobre a inclusión do cobro de alcantarillado e mesmo da traída naqueles lugares que ainda non teñen os dous servizos ou teñen deficiencia nalgún deles.

- Solicitarán o acceso os listados de usuarios e lecturas oficiais dos últimos catro anos e pedirán que se lle den a coñecer de forma individual a cada usuario.

- Pedirán explicacións sobre o feito de que unha Concelleira do PP sexa a persoa que exerza as labores de información o público sobre este asunto.

lunes, 9 de enero de 2012

OS SOCIALISTAS DE ANTAS DE ULLA ADVIRTEN DE POSIBLES IRREGULARIDADES NA CONVOCATORIA DA PLAZA DE SECRETARIO INTEVENTOR.

O PSdeG-PSOE manifestou as súas dúbidas con respecto ó concurso ordinario de méritos para a provisión do posto de traballo da Secretaría-Intervención.

Os socialistas esixiron unha vez mais ó Alcalde Javier Varela, que elabore presupostos e presente contas, e lamentaron que unha vez mais se leven a pleno expedientes de modificación de créditos.

Os socialistas felicítanse ante a manifestación do Alcalde da iniciación da tramitación do PXOM.

A voceira do PSdeG-PSOE manifesta que “O Alcalde nunca tivo interés en dar explicacións sobre o expediente aberto pola súa parte contra o Secretario do Concello don Francisco Torrente”, e engade “sorprendéunos ver na orde do día a convocatoria para cubrir a plaza do Secretario-Interventor”, e manifesta “a plaza do Secretario non está vacante, porque don Francisco Torrente non foi destituido do seu cargo. Encóntrase nunha situación de inhabilitación temporal para o seu cargo. E unha cousa e estar destituido e non poder volver a exercer as súas función e outra é unha suspensión temporal polos motivos que sexan.
Ata o momento, que nos sepamos, non existe resolución ó respecto e polo tanto non hai constancia de que exista sanción específica para destituilo, parece ser que hai unha proposta de sanción da Consellería de Presidencia con carácter temporal. Por iso lle pedimos ó Alcalde como convoca concurso para unha plaza que xa está cuberta. En todo caso debería cubrirse con carácter temporal como se fixo ata o momento.”
Asimesmo na súa intervincíon no Plena, a voceira socialista instou ó Alcalde a presentar, se é que existe, a pertinente resolución por parte do Ministro de Administracións Públicas en virtude do expediente disciplinario.
A continuación, aclara, “expresei esta postura no Pleno, pois según o Réxime Xurídico dos Funcionarios con carácter Estatal, a destitución do cargo do Secretario-Interventor está reservado o Ministro de Administracións Públicas, cousa, polo tanto, que de ningunha maneira compete ó Señor Alcalde.”
Seguidamente di, “ o que nos temos claro é que esta é unha xogada para sacarse de enriba a un Secretario que o incomoda moito. Todos sabemos que lle gusta xogar en solitario e rexeitar todo tipo de control á súa función de Alcalde, do cal podemos dar boa fe os concelleiros que xa temos experiencia neste Concello. Mesmo chegou a custodiar expedientes e proxectos no seu despachao para evitar o acceso os mesmos por parte dos concelleiros da oposición, privando a si os mesmos do legal exercicio de control de gobernó. Ata se atreveu a presentalas contas de xeito ilegal, nos respetando os períodos de exposición da documentación nin facilitando aquela que foi pedida por escrito.”
Cabe recordar que naquel momento se presentaron as denominadas Contas da Empresa Municipal EPICA, que non contaban con ningún tipo de xustificante que as acreditase.
Os socialistas din “sabemos que lle molesta o control, a legalidade e a presenza do Secretario que mellor coñece, pola súa longa experiencia neste concello, a situación tan delicada na que se atopa o rexidor.”
Noutro orde de cousas e ante o punto 3º da Orde do día, os socialistas manifestaron, unha vez mais, a necesidade da elaboración do PXOM, e sentíronse reconfortados ante o compromiso expresado polo alcalde de empezalo nuns meses.
Modificación de Créditos
Unha vez mais levou a aprobación de dous Expedientes de Modificación de Crédito a Pleno, un deles con carácter urxente. Neste punto os socialistas manifestaron a imperiosa necesidade de elaborar presupostos e presentar contas no Concello de Antas de Ulla, e recordaron que desde o ano 2007 o Concello non rinde contas.
Punto Limpo
O grupo socialista preguntou ó Alcalde pola situación do Expediente de Tramitación para a construcción dun Punto Limpo no entorno da nave de Vilane, lugar no que seguen a existir restos de escombro, diversos vertidos e se realizan queimas. Faise imprescindible para os vecinos e veciñas de Antas ter un lugar onde depositar os residuos.
Tamén interpelaron ó Alcalde sobre a non celebración de Xuntas de Goberno cada quince días o cal o Alcalde respondeu que non as tiñas porque non había suficientes asuntos que tratar, a voceira socialista afirma que “esto é unha insensatez e falta de responsabilidade do alcalde e do seu equipo de Goberno xa que hai veciños que levan meses agardando, por exemplo, por unha autorización de obra, estando mesmo en xogo diversas axudas que se poderían perder pur unha cuestión de prazos administrativos.”