Torre de Amarante

viernes, 10 de febrero de 2012

A Agrupación Municipal Socialista de Antas organizou unha xornada sobre recaudación municipal.

Arredor dun cento de veciños acudiron a esta charla informativa.
Tratáronse temas de interés e actualidade como o cobro de recibos de auga e alcantarillado e a taxa para as edificacións sen licenza anteriores a 2003.

Antas de Ulla, 10 de febreiro de 2012. Onte tivo lugar unha xornada informativa sobre recaudación e impostos municipais en Antas de Ulla, organizada pola agrupación municipal socialista deste concello. O motivo desta celebración foi, segundo manifesta Pilar García Porto “as constantes dúbidas que nos plantexaban os veciños dende que comenzaron a cobrar dende o concello estas tres taxas”.
Na xornada participou Xoán Valiño, Deputado de Cooperación cos Concellos que fixo un amplo repaso polo que significa a recaudación de impostos municipais e o papel tan importante que xoga a Deputación de Lugo prestando colaboración ós concellos neste e noutros aspectos. Tamén expresou os resultados que para os veciños de Antas ten, a falta de involucración do alcalde e polo tanto do concello en diferentes programas e accións desenvolvidos polo ente provincial e que sen dúbida repercutirían directamente en beneficio dos veciños e veciñas deste concello.

Participaron tamén Francisco Pérez Donsión e Verónica Gómez Collazo, ambos enxeñeiros., que se encargaron de dar contido á parte técnica da xornada, e que contribuíron a aclarar numerosas dúbidas relacionadas coas construccións sen licenza. O pasado 25 de outubro do 2011 celebrouse un pleno extraordinario no que, entre outros asuntos se aprobou a Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa por expedición de declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total de edificacións sen licenza. Dende o principio entre a veciñanza todo foron temores e dúbidas, non tiñan claro se é preciso realizar o trámite ou non, se é de carácter obligatorio, cal é o custe real, qué pode pasar se non o fan, etc,etc….

Dende o punto de vista dos socialistas de Antas houbo desinformación por parte do concello, “cando o concelllo impón unha taxa o menos que debe facer é informar ós veciños e veciñas, máxime cando estamos a falar dunha que inclúe unhas tarifas tan elevadas e fóra da realidade”, ademáis sementáronse dúbidas porque moitos pensan que esto supón a legalización da edificación, como se tivera licenza, e non é así tan só supón a aceptación dunha situación de feito de que dita edificación existe”, e engade “ neste proceso tramítase tamén a inclusión no Rexistro da Propiedade, que se pode facer por separado para recoñecer o propietario da edificación pero non unido necesariamente á tramitación proposta dende o concello” tamén se se pronuncian en canto as taxas, xa que lles parecen excesivas porque non diferencian entre distintos tipos de edificacións nin contemplan algún desconto, “ non é o mesmo un alpendre que unha casa ou un negocio con vivenda enriba. Non é o mesmo que a edificación estea no casco urbano que nun lugar sen servizos (auga, alcantarillado, luz pública, accesos deficientes…), non é o mesmo pero pretende cobrárselle a todo o mundo igual e moito, e esto a nós parécenos unha inxustiza, sobre todo nun momento económicamente tan delicado como o que está atravesando toda a sociedade.”

Nesta acción participou tamén a voceira municipal socialista e Deputada Provincial Pilar García Porto que agradeceu a todos os presentes a súa participación porque según di ”esto forma parte do noso compromiso e da nosa maneira de entender a política, un traballo á disposición e servizo dos veciños e veciñas”.

Ó longo da súa intervención manifestou que a falla de transparencia e diálogo coa veciñanza ven sendo a tónica dominante por parte do alcalde popular e o seu equipo de goberno, “e como unha dictadura municipal encuberta, na que predomina a falla de interlocución cos veciños” e puntualiza “tómanse decisións importantes como realizar obras ou cobrar taxas sen informar abertamente ós veciños e o que resulta máis grave sen ter en conta a súa opinión, sendo que todas as decisións políticas que se toman nun concello repercuten directamente na vida de cada un dos habitantes dese territorio”.

Referiuse á falla de transparencia nas contas aínda que se manifesta satisfeita porque ”hoxe mesmo me convocaron para a comisión especial de contas e agardo que eso queira decir que pronto imos a retomar o asunto das contas municipais para sacar adiante as de algún ano máis” e engade” esto é moi importante pois se o concello continúa sen presentar contas e sen realizar orzamentos, Antas non recibirá os mesmos ingresos que ata agora tiña por parte do Estado e da Xunta”, e puntualizou” desexo que por fin o alcalde faga os deberes en materia económica, aínda que chega tarde porque hai que empezar polas contas do 2008 e eso xa supón as de catro anos”

Na materia do cobro de recibos de auga e alcantarillado manifestou que este foi un imposto descoidado por Javier Varela dende o 2001, que representa un total de 10 anos, cando era responsabilidade municipal prestar e realizar o servizo incluíndo este lecturas e cobros periódicos que segundo a última ordenanza reguladora terían que ser efectivos de xeito trimestral, Pilar manifestou” esto foi un abandono das responsabilidades por parte do alcalde que agora cobra os catro anos últimos,que é o máximo permitido pola lei” e engade “ non é xusto que despois de eludir a súa responsabilidade agora grave desta maneira ós veciños, sería moito moito máis coherente facer unha lectura e comenzar a cobrar de agora en adiante”.

Unha das cuestións que máis suspicacias levantou neste punto foron os recibos que presentan numerosas irregularidades segundo definen os socialistas:
No concepto figura PADRON AUGA E ALC. 2008, e no detalle do EXERCICIO figura 2008 por un PERÍODO ANUAL. Mais abaixo vemos como se reflexa a LECTURA ACTUAL e LECTURA ANTERIOR, ámbas figuran sen data.Neste punto en concreto, os socialistas aconsellaron ós usuarios que teñan dúbidas que acudan ás oficinas do concello a que lles amosen as lecturas oficiais realizadas polo servizo municipal , nas que deberán reflexarse datas e consumos. Asímesmo reflexan que se incumple a norma establecida polo propio concello xa que os períodos de cobro terían que realizarse cada tres meses e non de xeito anual .O número de contador que figura no recibo non se corresponde co que figura físicamente no contador, polo que non é posible verificar que o cunsumo reflexado se corresponda a realidade. Os recibos preséntanse con ausencia do CIF do emisor (Concello de Antas de Ulla).

Ante esta caótica situación que están a sufrir os veciños de Antas de Ulla a voceira socialista animounos a acudir ó concello a pedir información e aclaracións sobre todos aqueles recibos que presenten dúbidas ós usuarios, tanto polo consumo que se vexa reflexado como porque se pase a cobro un servizo que non se presta, este é o caso dalgúns veciños os que se lles factura o alcantarillado cando a súa vivenda non está dotada con ese servizo.

Asímesmo anunciou que entre outras medidas o grupo do PSdeG-PSOE presentará unha iniciativa para que a reacudación realizada en materia de auga e alcantarillado repercuta no propio servizo, realizando melloras e dotando de rede de traída e saneamento a aqueles núcleos e vivendas ailladas que non os teñen.

Pilar rematou a súa intervención lembrándolle ós asistentes que ata o 28 deste mes poden consultar os padróns fiscais de auga e alcantarillado no concello, que son dous diferentes e que deberán conter os datos do usuario e as liquidacións incorporadas , e deberían facilitar tamén as lecturas con data e os importes de cobro.Pasada esta data os usuarios que así o estimen oportuno poderán interpoñer recurso.

Unha vez rematadas as intervencións o numeroso público asistente, arredor dun cento de persoas, realizou preguntas que na medida do posible foron aclaradas polos membros da mesa. Os socialistas manifestaron a súa satisfacción pola boa acollida que esta actividade de difusión informativa tivo entre a poboación de Antas de Ulla.