Torre de Amarante

lunes, 12 de agosto de 2013

O PSdeG de Antas ve “sen garantías” os fondos por 3,4 millóns de euros para a residencia e a traída de augas

Os socialistas critican que os orzamentos municipais están “inflados con cifras irreais non comprometidas pola Xunta”, e lamentan que a débeda municipal a proveedores sexa de case un millón de euros, “o dobre do que recoñecera o alcalde, que segue amosando unha absoluta falta de transparencia”

O PSdeG de Antas votou, no pleno de xuño, en contra da aprobación definitiva dos orzamentos municipais, dun total de cinco millóns de euros, que saíron adiante cos votos a favor do PP e a abstención dos nacionalistas. Os socialistas critican que as contas inclúen dúas partidas importantes, unha de 2,8 millóns de euros para a ampliación da residencia da terceira idade, e outra de 600.000 euros para a traída de augas, que só son “unha cortina de fume ata as próximas eleccións municipais” e son investimentos “sen garantías” que non contan coa aprobación da Xunta, non aparecen nas contas autonómicas e en ningún casos serán executadas neste exercizo, polo que o goberno local presenta uns orzamentos “inflados con cifras irreais”, segundo explica a voceira do PSdeG, Pilar García Porto. Sen estes proxectos “no aire”, os investimentos do concello redúcense nuns 10.000 euros con respecto a 2012.

Débeda
A socialista lamenta asimesmo “a situación de endebedamento do municipio, moi lonxe do que di o alcalde”, cunha débeda a proveedores de case un millón de euros -929.181 euros- a 1 de xaneiro de 2013, “o dobre do que dixera o alcalde, que recoñecera 590.000 euros, nunha nova mostra de absoluta falta de transparencia”. Ademais, o Concello ten que amortizar este mesmo ano case 20.000 euros dun crédito e ten pendentes devolucións ao Estado por case 85.000 euros dos anos 2008 e 2009. García Porto destaca ademais que a contención do gasto corrente “da que presume o Concello” (7.000 euros) non chega nin ao 1% do total.

Sen resposta ás alegacións e sen cumprir prazos
Por outra banda, a voceira do PSdeG denuncia que “non houbo contestación nin hai constancia de ningún informe técnico” ás alegacións aos orzamentos presentadas polos socialistas, e que o alcalde “limitouse a rexeitalas no mesmo pleno”. Os socialistas lembran ademais que  son os segundos orzamentos aprobados no concello desde 2004, e que tanto os de 2012 como os de 2013 “foron aprobados fóra do prazo legal”. Tamén lembrou que pleno para a aprobación inicial foi convocado sen prazo suficiente, polo que “todo o proceso careceu dun mínimo de garantías democráticas para a oposición”.

Sen axudas a colectivos sociais
Por último, García Porto lamenta que “as subvencións a colectivos sociais con moita actividade no Concello”, como o das festas parroquiais ou a Sociedade Deportiva de Antas, “non se actualizan desde o ano 2004”, polo que “a iniciativa social do municipio non recibe apoio desde goberno”.

miércoles, 7 de agosto de 2013

O PSdeG de Antas esixe que o Concello atenda as peticións dos veciños e repare os accesos a Casadenaia


Os socialistas denuncian o “grave deterioro dos viais” e preguntan “onde van os 200.000 euros prometidos polo alcalde para a mellora das rúas”, e piden o arranxo dunha canalización de auga con fugas tras a denuncia dos afectados

O PSdeG de Antas esíxelle ao goberno local que “repare dunha vez por todas as rúas de acceso” na parroquia de Casadenaia que son de titularidade municipal, e que atenda as queixas dos veciños “que xa presentaron reclamacións por escrito en varias ocasións sen obter resposta” polas deficiencias en Casadenaia, Aboi, Suar e Fondevila (todas pertencentes á parroquia). 

A voceira socialista, Pilar García Porto, critica o “grave deterioro” dos viais e pregunta “onde van os 200.000 euros que prometeu o alcalde para a mellora e reparación da vías”, unha partida pola que se interesaron xa en dúas ocasións no pleno sen obter explicacións. Unha das reclamcións dos veciños e veciñas é a reparación dunha canalización de auga en Casadenaia que ten fugas e mantén o camiño “sempre mollado e con aspecto de barrizal, coas consecuencias que isto ten para os veciños e para o propio mantemento das infraestruturas”. García Porto lembra que esta obra “foi anunciada e feita a toda présa xusto antes das eleccións, e agora debe ser que xa non importa como quedase”. A socialista indica que “os únicos accesos decentes no Concello sexan as vías provinciais, mentres o Cgoberno local promete e non fai nada”