-
Os concelleiros do PSOE en Antas de Ulla, anunciaron que presentarán unha proposta á Alcaldía para
corrixir deficiencias desta obra
-
Demandarán revisar os elementos arquitectónicos e contemplar a posibilidade de
incorporar outros novos
-
Emprazan ao Alcalde “a que tome cartas no asunto con seriedade e
responsabilidade, porque o que esta en xogo é seguridade das persoas e a
calidade de vida dos veciños de Antas de Ulla”
O Grupo Socialista anunciou hoxe que presentará unha proposta á Alcaldía co
fin de corrixir as deficiencias de accesibilidade que ten a obra “faraónica” da
praza de España. Denuncia que o Alcalde Antas investiu máis de 400.000 euros
“nunha obra que non responde ás necesidades dos veciños, xa que non cumpre a
finalidade para a que foi feita que era mellora a accesibilidade desta praza”.
Os concelleiros explican que estes mesmos
días “houbo media ducia de accidentados nesa Praza, algún incluso tivo que
recibir asistencia médica in situ”.
Na proposta, que o Grupo Socialista de Antas de Ulla vai elevar ao vindeiro
pleno, demanda que se revisen o elementos arquitectónicos que afectan á
seguridade peonil, e solicita que se proceda a súa retirada ou que se modifique
a súa ubicación. Tamén reclama que se contemple a colocación de novos elementos
que melloren a accesibilidade da praza.
Así mesmo, critican “que fai 3
escasos meses que se abriu a remodelación da Praza de España, e polo de agora, non
esta cumprindo a principal función recollida no proxecto a adecuación da praza para mellorar a accesibilidade e a seguridade”. Nese senso advirte que o grupo socialista xa
denunciou no seu momento “que a execución desta obra foi precipitada e o remate
forzado”, para poder chegar en tempo e prazo a xustificación final da
infraestrutura.
Por último a voceira socialista empraza
ao Alcalde “a que tome cartas no asunto con seriedade e responsabilidade,
porque o que esta en xogo é seguridade viaria é a calidade de vida dos veciños
de Antas de Ulla”.