Torre de Amarante

martes, 18 de mayo de 2010

A DEPUTACIÓN INVIRTE EN ANTAS DE ULLA

A Xunta de Goberno aprobou este venres o Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes para o ano 2010, e a través do que o organismo provincial realizará obras nestes municipios por valor de 1,2 millóns de euros. Neste anualidade, o Plan experimenta un aumento do 10% co respecto a 2009, de tal xeito que a aportación do organismo provincial é de 800.000 euros e a dos Concellos de 387.329.
Os municipios perceptores destas axudas son os que teñen maior déficit en infraestruturas e servizos e menos recursos, e que polo tanto necesitan máis axuda da Deputación. Cada Concello recibirá unha subvención do 70% ata un máximo de 19.500 euros. O 30% restante será aportado polas entidades locais.
No Concello de Antas invirtese un total de 27.500€, dos cales a Deputación aportará 19.250 e o concello 8.250 que se empregaran para a obra denominada Acondicionamento do Entorno de Regadío

lunes, 12 de abril de 2010

SITUACIÓN IRREGULAR DA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS DE ANTAS DE ULLA

Segundo a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local a Comisión Especial de Contas existe en todos os Concellos dacordo co previsto no artigo 116, segundo o cal, esta Comisión estará formada por membros dos distintos grupos políticos con representación municipal na corporación. As contas anuais someteránse a informe da Comisión Especial de Contas antes do 1 de xuño de cada ano e será asimismo obxecto de información pública antes de someterse á aprobación do Pleno, a fin de que podan formularse contra as mesmas reclamacións, reparos ou obsesrvacións. Esto é o que di a Lei, pero a realidade é que en Antas de Ulla no que vai de lexislatura, dende o 2007 incluído, non se convocou nunca a Comisión Especial de Contas, a pesar de que creación desta se consolidou no Pleno do 09 de xullo do 2007 por unha proposta da alcaldía, e quedando integrada por : alcalde (presidente), mais dous membros do PP, mais un do PSdeG-PSOE e un do BNG.

Oscurantismo absoluto

A pesar do esforzo realizado dende o noso grupo ó insistirlle a alcaldía que presente as contas dunha vez por todas, xa que dende o 2004 non se presentan os orzamentos, non se tivo en conta esta necesidade en ninguna ocasión, e o único que se fai é levar prácticamente a todos os Plenos a aprobación de diferentes partidas de créditos. Esta situación irregular do tratamento das contas municipais de Antas de Ulla é especialmente preocupante polo motivo anteriormente citado xa que a xestión económica non é clara e o e a falla de transparencia é repetitiva dende o comenzó do mandato xa que como dicíamos a Comisión Especial de Contas non foi convocada en ninguna ocasión a pesar de ter a obriga de facelo por lei alomenos unha vez ó ano.

Improvisación

Dende a alcaldía non se ten clara a liña de traballo e ó non marcar cos orzamentos a economía municipal vanse dando saltos en diferentes dirección sen coller a carretera boa en ningún momento, e así se chega a situación comprometidas como ter varios proxectos sen rematar, comenzar obras para logo non rematalas, non tramitar subvencións a tempo, etc…

 
Por todo o exposto tentaremos que no próximo Pleno se aclare a irregular situación da Comisión Especial de Contas que leva sen convocarse dende a súa creación.

miércoles, 24 de marzo de 2010

AVANCE ANTES DO PLENO - UN DICTADOR NO SÉCULO XXI

Onte pola tarde pasadas as 17.00h os concelleiros do PSOE recibimos as convocatorias para o Pleno que se celebrará mañá ás 13.00h,sen que se cumpliran as 48h preceptivas para que o plazo estea acorde coa lei, práctica que ven sendo habitual dende o comenzo desta lexislatura.



Pero a sorpresa foi maiúscula cando hoxe a primeira hora da mañá nos atopábamos revisando os documentos relacionados cos puntos da orde do día da sesión de mañá, e o alcalde irrumpiu no despacho da secretaría para ordenar que non saíra dese lugar a documentación, motivo este polo que os concelleiros viron impedida a súa labor de documentarse para o pleno de mañá. A práctica habitual sempre foi no Concello de Antas que a oposición levase a cabo no salón de plenos a revisión da documentación,xa que o despacho da secretaría é moi pequeño e non dispón dun espazo habilitado para esta tarefa.



¿Qué oculta o alcalde? ¿Por qué pón tantos impedimentos para que consultemos a documentación? ¿ a qué se debe esta falla de transparencia? ¿Por qué non presenta as contas? ¿ a qué ten medo o alcalde?



Esas son as preguntas que habitualmente nos facemos dende hai case tres anos cando se nos nega o dereito a consultar proxectos anteriores ó 2007 aínda que estean sen rematar, non se nos facilitan fotocopias obrigándonos a tomar nota á man de toda a documentación, non deixando que un concelleiro consulte dúas veces o mesmo proxecto, etc…



Realmente atopámonos nunha dictadura que o único que pretende é a ocultación de documentos públicos e dificultar a tarefa de control ó goberno como concelleiros e representantes que somos do pobo.



Falta de respeto



O pasotismo hacia as necesidades reais e máis básicas dos veciños queda posto de manifesto no momento en que o alcalde non respeta o traballo dos concelleiros na oposición, xa que en máis de dous anos e medio de goberno nunca levou unha iniciativa dos socialistas a Pleno para que poidese ser bebatida e denfendida correctamente no seo do Pleno, a pesar de que todas e cada unha delas foron iniciativasque contemplan actuacións destinadas únicamenteó concello de Antas de Ulla. Os rogos presentados polo PSOE con sorte dánse por oídos e as preguntas que facemos nos plenos son contestadas en contadas ocasións.

Ante esta situación na que non se nos permite realizar a nosa labor de concelleiros con normalidade xa que non se respetan os dereitos que como concelleiros temos e deste xeito non podemos ejercer os nosos deberes, acudiremos ó Valedor do Pobo para que nos ampare e na defensa dos nosos dereitos e deberes para desenmascarar esta actitude tan pouco democrática e carente totalmente de transparencia.

martes, 16 de marzo de 2010

MOCIÓN

A continuación publicamos o texto da última moción presentada polo noso grupo para sexa tratada no vindeiro pleno, que se celebrará o xoves 25 de marzo:

Exposición de Motivos:

Co paso do tempo os terreos municipais que rodean a nave na que se albergan a Cooperativa Agraria e o almacén de maquinaria municipal transformáronse nun auténtico vertedoiro de lixo incontrolado.

Este vertedoiro supón un importante foco de contaminación e de riscos sanitarios, ademáis de converterse nun posible foco de incendio.

Dende o concello non se está levando acabo ningunha labor de control, pois o vertedoiro ten varios anos de antigüedade, senón que se fomenta a utilización deste vertedoiro incontrolado, xa que o prpio concello fai uso deste punto de vertidos inertes.

Podemos atopar de todo dende electrodomésticos abandonados, a escombro, pasando por residuos metálicos ou plásticos de uso gandeiro e outros como mobiliario urbán (papeleiras e contenedores de lixo, etc…) por non falar da maleza que cubre moita da superficie chegando as silvas ata o teito da nave, maleza que en caso de incendio supón un risco engadido.

Por outra banda cabe decir que a lei de residuos de Galicia establece que as entidades locais serán competentes para a xestión dos residuos urbanos. Dentro da categoría de residuos urbanos inclúense os residuos xerados en domicilios particulares, entre outros:mobles, electrodomésticos, colchóns e outros voluminosos do fogar, que no caso do vertedoiro incontrolado de Antas de Ulla constitúen un apartado moi importante pola cqntidade que dos mesmos se poden atopar no lugar. Existen en Galicia empresas autorizadas para reciclar os colchóns e os mobles. Os Concellos deben contactar con elas para entregarlles estes residuos. Ditas empresas divídense en dous grupos: Unhas que só almacenan e outras que reciclan. Cando estes residuos proceden de comercios os Concellos non están obrigados a recollelos, pero poden chegar a acordos con quen os produce para súa correcta xestión. Polo que se refire os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos os concellos poden adherirse o Convenio Marco subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e os Sistemas Integrados de Xestión de Residuos Eléctricos e Electrónicos.

Tamén se consideran residuos deste tipo baterías, aceites de motor e outros resultantes do mantemento de vehículos realizado por particulares, así como pilas de botón, tubos fluorescentes e outros residuos perigosos.

Dentro das competencias dos concellos encontrase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos urbanos. Dentro dos servizos que teñen que prestar inclúense a recollida, transporte, valorización e eliminación de residuos urbanos ou municipais de forma directa ou indirecta.



Por todo o anteriormente exposto, e coa finalidade de rematar coa utilización deste vertedoiro incontrolado, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción dos seguintes

Acordos:

- que se realicen os trámites oportunos para dotar ó concello de Antas de Ulla dun Punto Limpo, para evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos. En definitiva para xestionar adecuadamente e de forma específica aqueles residuos que polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos) precisan un tratamento diferenciado.

domingo, 7 de marzo de 2010

FEIRA DO QUEIXO DA ULLOA 2010

Por sexta vez desde a fundación da Feira do Queixo da Ulloa, Antas de Ulla é o concello encargado de organizar este certamen de carácter itinerante pola Comarca da Ulloa.

Cabe destacar a especial condición desta feira pois representa un importante encontro gastronómico á vez que empresarial e cultural.

Este ano, durante unha fin de semana a actividade mercantil da Comarca da Ulloa centraráse na vila de Antas de Ulla. Este é un feito moi relevante pois cada tres anos é a data que máis persoas visitan o noso concello.

Para que esta edicción da Feira do Queixo da Ulloa se desenvolva con éxito precisa da realización dun traballo en equipo coordinado dende o concello, tanto coas queixerias como cos particulares que expoñan os seus productos, como cos empresarios da comarca así como demáis expositores que participen nesta edicción.

Como se dicía ó principio ten unha importante apartado cultural, motivo éste polo que é preciso coordinar as actuacións desta índole. 

Unha actuación de máxima importancia é a realización de concursos, a concesión ou non de premios e a incentivación á participación ou mesmo fixar as datas da celebración.



Para que a distribución das tarefas de organización deste evento se leven a cabo co maior rigor e coordinación posibles para acadar o máximo éxito posible propoñémoslle ó Pleno, os seguintes acordos:

- A creación dunha comisión especial para o desenvolvemento deste evento en Antas de Ulla, coa participación das tres forzas políticas con representación municipal, para que esto so teña unha finalidade: o máximo proveito para os veciños do noso Concello.

- Involucrar ás asociacións veciñais, os colectivos sociais, culturais e educativos, ós empresarios, agricultores e gandeiros, etc, para que realicen propostas e manifesten abertamente as súas posicións ante dita celebración.

miércoles, 24 de febrero de 2010

III RALI DA COMARCA DA ULLOA

A pasada fin de semana celebrouse o III Rali da Comarca da Ulloa.


Este evento ocupa un espazo destacado entre as celebracións deportivas ó mesm tempo que constitúe unha fonte importante de ingresos para toda a Comarca da Ulloa.

Supón sen dúbida unha das celebracións que máis persoas atrae ó noso territorio, persoas que se achegan dende toda España para contemplar este espectáculo e que levaran a nosa fermosa terra no seu recordo, pero haberá algo que descoñecerán: que Antas de Ulla tamén é parte da Ulloa.

O culpable

Unha vez máis vemos como o concello de Antas de Ulla deixa a un lado as súas obrigas de promoción e representación non participando nesta celebración.

Debe saber este alcalde que moitas veces en política convén abandonar os localismos e os caprichos persoais a favor do ben común, e de poner o nome do noso concello a carón dos veciños Palas de Rei e Monterroso, que ante estas puntuais circunstancias amosan a suficiente madurez política e defenden xunto coa Deputación Provincial , a Xunta de Galicia e outros patrocinadores e colaboradores esta comarca interior que non pode desperdiciar a oportunidade de situar o seu nome na primeira páxina do mundo deportivo e aproveitala para proxectar as súas múltiples virtudes.

Pois ben como dicíamos o concello de Antas de Ulla non colaborou con este certamen, e nós , preguntámonos cal será a excusa, seguramente o equipo de gobernó argallará algo así como que os competidores derraman as estradas, cando a verdade e que nunca se coidaron debidamente, e será unha mala excusa porque nos outros concellos non se aprecia este problema.

É completamente incoherente que un alcalde que presume de ter previsto promocionar turística e culturalmente o concello deixe pasar unha oportunidade así para promocionar e poner en valor a nosa riqueza.

A ninguén sorprende

A situación económica do concello é delicada e así o amosan os feitos de que non se presenten as contas e que constantemente se estean aprobando créditos, por iso tal vez sexa este o motivo da exclusión de Antas de Ulla entre os patrocinadores.

Pode ser tamén que sexa a desidia á que xa nos ten afeitos o alcalde eludindo as súas obrigas de representación, non participando en eventos como a Feira do Queixo en edicións pasadas.


Inmadurez política

Con esta patética actitudes só amosa inmadurez política, e o único que consigue é aillar a Antas de Ulla e facer do noso concello un territorio marxinado entre os que nos rodean.

Actuación do PSOE

En relación con estes feitos o Grupo Municipal Socialista formulará unha pregunta no vindeiro pleno para que o alcalde explique debidamente cáles foron os motivos que o levaron anon participar neste evento de alcance comarcal.