Torre de Amarante

martes, 16 de marzo de 2010

MOCIÓN

A continuación publicamos o texto da última moción presentada polo noso grupo para sexa tratada no vindeiro pleno, que se celebrará o xoves 25 de marzo:

Exposición de Motivos:

Co paso do tempo os terreos municipais que rodean a nave na que se albergan a Cooperativa Agraria e o almacén de maquinaria municipal transformáronse nun auténtico vertedoiro de lixo incontrolado.

Este vertedoiro supón un importante foco de contaminación e de riscos sanitarios, ademáis de converterse nun posible foco de incendio.

Dende o concello non se está levando acabo ningunha labor de control, pois o vertedoiro ten varios anos de antigüedade, senón que se fomenta a utilización deste vertedoiro incontrolado, xa que o prpio concello fai uso deste punto de vertidos inertes.

Podemos atopar de todo dende electrodomésticos abandonados, a escombro, pasando por residuos metálicos ou plásticos de uso gandeiro e outros como mobiliario urbán (papeleiras e contenedores de lixo, etc…) por non falar da maleza que cubre moita da superficie chegando as silvas ata o teito da nave, maleza que en caso de incendio supón un risco engadido.

Por outra banda cabe decir que a lei de residuos de Galicia establece que as entidades locais serán competentes para a xestión dos residuos urbanos. Dentro da categoría de residuos urbanos inclúense os residuos xerados en domicilios particulares, entre outros:mobles, electrodomésticos, colchóns e outros voluminosos do fogar, que no caso do vertedoiro incontrolado de Antas de Ulla constitúen un apartado moi importante pola cqntidade que dos mesmos se poden atopar no lugar. Existen en Galicia empresas autorizadas para reciclar os colchóns e os mobles. Os Concellos deben contactar con elas para entregarlles estes residuos. Ditas empresas divídense en dous grupos: Unhas que só almacenan e outras que reciclan. Cando estes residuos proceden de comercios os Concellos non están obrigados a recollelos, pero poden chegar a acordos con quen os produce para súa correcta xestión. Polo que se refire os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos os concellos poden adherirse o Convenio Marco subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e os Sistemas Integrados de Xestión de Residuos Eléctricos e Electrónicos.

Tamén se consideran residuos deste tipo baterías, aceites de motor e outros resultantes do mantemento de vehículos realizado por particulares, así como pilas de botón, tubos fluorescentes e outros residuos perigosos.

Dentro das competencias dos concellos encontrase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos urbanos. Dentro dos servizos que teñen que prestar inclúense a recollida, transporte, valorización e eliminación de residuos urbanos ou municipais de forma directa ou indirecta.



Por todo o anteriormente exposto, e coa finalidade de rematar coa utilización deste vertedoiro incontrolado, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción dos seguintes

Acordos:

- que se realicen os trámites oportunos para dotar ó concello de Antas de Ulla dun Punto Limpo, para evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos. En definitiva para xestionar adecuadamente e de forma específica aqueles residuos que polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos) precisan un tratamento diferenciado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario