Torre de Amarante

sábado, 8 de enero de 2011

UNHA OPORTUNIDADE PARA SETE PARADOS DE ANTAS DE ULLA

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou o pasado martes 28 de decembro, o novo plan “LUGO EMPREGA” co que o organismo provincial reducirá o número de parados na provincia ó mesmo tempo que incrementa a cooperación cos Concellos. A partir da súa aprobación os Concellos dispoñen dun prazo de sete días para formalizar a súa contestación, que é absolutamente improrrogable.
        Fai uns meses o Concello de Antas de Ulla acolleuse á Orde da Consellería de Traballo e Benestar para solicitar obradoiros de emprego. Dos concedidos na provincia de Lugo ó noso Concello correspondeulle un, pero como fixo saber a Alcaldía en sesión plenaria o concedido non foi o total do solicitado, de xeito que continúa existindo a necesidade real de satisfacer a totalidade do proxecto inicial. Agora é o momento de que dende o Concello se tome conciencia e se aproveite esta ocasión para dar traballo os parados do noso municipio, que según o último dato de paro rexistrado do mes de novembro incrementáronse case nun 12% e xa ascenden a 104 desempregado/as.
Con este plan posto en marcha polo organismo provincial ó noso Concello por número de habitantes (1001-3000) corresponderíanlle 7 traballadores que disfrutarían dun contrato de seis meses e que poderían prestar os seus servizos como operarios oficiais realizando labores de mantemento, conservación ou mellora de servizos públicos de carácter municipal.
        Tamén é importante destacar que estes traballadores terían un custo cero para as arcas municipais, xa que logo a Deputación de Lugo asume non só o financiamento íntegro dos traballadores senón que tamén realiza a selección dos traballadores, liberando ó Concello desta carga.

        Por todo o exposto anteriormente, propuxémoslle ó alcalde que
tomase en consideración a posibilidade de adherirse ó Plan “LUGO EMPREGA” da Deputación de Lugo, agardamos que así o faga en beneficio dos parados de Antas de Ulla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario