Torre de Amarante

martes, 8 de febrero de 2011

Programa de mellora das vías de comunicación de Antas de Ulla

Antas de Ulla conta co privilexio de ter recoñecido no seu territorio o centro xeográfico de Galicia. Ademáis en pouco tempo teremos moi preto de nós, a menos de 15 minutos da cabeza de municipio, dúas das principais vías de comunicación da Galicia interior, as autovías que unirán Lugo con Ourense e Santiago. No caso da última as obras están xa bastante avanzadas e podemos ver como pouco a pouco esta vía de especial interés para o noso concello toma forma, e podemos verificar sobre o terreo onde estará situada a rotonda de Filgueira (Palas Centro, pola carretera hacia Friol). Esta rotonda de enlace só dista do núcleo de Antas de Ulla 12 km, cun percorrido de 12 minutos, polo que representa o principal punto de unión coa A-54. Pero somos conscientes de que Antas conta con máis poboacións que tamén precisan achegarse o máximo posible a esta importante vía de comunicación sin meterlle un navallazo ó territorio de Antas de Ulla.

Para os socialistas as melloras das comunicación s do noso concello son unha costante dende tempos remotos, moito antes desta lexislatura os nosos compañeiros xa presentaron iniciativas neste sentido, a reivindicación das melloras das carreteras que comunican as aldeas, e tamén as vías provinciais que discorren por estas terras.

Consideramos, dende hai anos, que un dos principais eixos de comunicación do noso concello é a carretera da deputación que une Antas con Palas e con Chantada. Os socialistas sempre defendemos que este corredor de enlace entre dúas poboacións importantes con Antas como punto neurálxico era de principal importancia para o desenvolvemento deste concello. Hoxe en día representa un reto importante que antas de Ulla sexa un punto de unión importante entre as autovías que discorren polas poboacións antes citadas.

Queremos facer desta necesidade un compromiso con todos os veciñ@s de Antas de Ulla, e por eso preparamos un programa de mellora e desenvolvemento das principais vías de comunicación  e das pistas rurais de Antas de Ulla.

Poñémolo á vosa disposición para que libremente opinedes e entre tod@s colaboremos no desenvolvemento presente e futuro de Antas de Ulla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario