Torre de Amarante

lunes, 9 de enero de 2012

OS SOCIALISTAS DE ANTAS DE ULLA ADVIRTEN DE POSIBLES IRREGULARIDADES NA CONVOCATORIA DA PLAZA DE SECRETARIO INTEVENTOR.

O PSdeG-PSOE manifestou as súas dúbidas con respecto ó concurso ordinario de méritos para a provisión do posto de traballo da Secretaría-Intervención.

Os socialistas esixiron unha vez mais ó Alcalde Javier Varela, que elabore presupostos e presente contas, e lamentaron que unha vez mais se leven a pleno expedientes de modificación de créditos.

Os socialistas felicítanse ante a manifestación do Alcalde da iniciación da tramitación do PXOM.

A voceira do PSdeG-PSOE manifesta que “O Alcalde nunca tivo interés en dar explicacións sobre o expediente aberto pola súa parte contra o Secretario do Concello don Francisco Torrente”, e engade “sorprendéunos ver na orde do día a convocatoria para cubrir a plaza do Secretario-Interventor”, e manifesta “a plaza do Secretario non está vacante, porque don Francisco Torrente non foi destituido do seu cargo. Encóntrase nunha situación de inhabilitación temporal para o seu cargo. E unha cousa e estar destituido e non poder volver a exercer as súas función e outra é unha suspensión temporal polos motivos que sexan.
Ata o momento, que nos sepamos, non existe resolución ó respecto e polo tanto non hai constancia de que exista sanción específica para destituilo, parece ser que hai unha proposta de sanción da Consellería de Presidencia con carácter temporal. Por iso lle pedimos ó Alcalde como convoca concurso para unha plaza que xa está cuberta. En todo caso debería cubrirse con carácter temporal como se fixo ata o momento.”
Asimesmo na súa intervincíon no Plena, a voceira socialista instou ó Alcalde a presentar, se é que existe, a pertinente resolución por parte do Ministro de Administracións Públicas en virtude do expediente disciplinario.
A continuación, aclara, “expresei esta postura no Pleno, pois según o Réxime Xurídico dos Funcionarios con carácter Estatal, a destitución do cargo do Secretario-Interventor está reservado o Ministro de Administracións Públicas, cousa, polo tanto, que de ningunha maneira compete ó Señor Alcalde.”
Seguidamente di, “ o que nos temos claro é que esta é unha xogada para sacarse de enriba a un Secretario que o incomoda moito. Todos sabemos que lle gusta xogar en solitario e rexeitar todo tipo de control á súa función de Alcalde, do cal podemos dar boa fe os concelleiros que xa temos experiencia neste Concello. Mesmo chegou a custodiar expedientes e proxectos no seu despachao para evitar o acceso os mesmos por parte dos concelleiros da oposición, privando a si os mesmos do legal exercicio de control de gobernó. Ata se atreveu a presentalas contas de xeito ilegal, nos respetando os períodos de exposición da documentación nin facilitando aquela que foi pedida por escrito.”
Cabe recordar que naquel momento se presentaron as denominadas Contas da Empresa Municipal EPICA, que non contaban con ningún tipo de xustificante que as acreditase.
Os socialistas din “sabemos que lle molesta o control, a legalidade e a presenza do Secretario que mellor coñece, pola súa longa experiencia neste concello, a situación tan delicada na que se atopa o rexidor.”
Noutro orde de cousas e ante o punto 3º da Orde do día, os socialistas manifestaron, unha vez mais, a necesidade da elaboración do PXOM, e sentíronse reconfortados ante o compromiso expresado polo alcalde de empezalo nuns meses.
Modificación de Créditos
Unha vez mais levou a aprobación de dous Expedientes de Modificación de Crédito a Pleno, un deles con carácter urxente. Neste punto os socialistas manifestaron a imperiosa necesidade de elaborar presupostos e presentar contas no Concello de Antas de Ulla, e recordaron que desde o ano 2007 o Concello non rinde contas.
Punto Limpo
O grupo socialista preguntou ó Alcalde pola situación do Expediente de Tramitación para a construcción dun Punto Limpo no entorno da nave de Vilane, lugar no que seguen a existir restos de escombro, diversos vertidos e se realizan queimas. Faise imprescindible para os vecinos e veciñas de Antas ter un lugar onde depositar os residuos.
Tamén interpelaron ó Alcalde sobre a non celebración de Xuntas de Goberno cada quince días o cal o Alcalde respondeu que non as tiñas porque non había suficientes asuntos que tratar, a voceira socialista afirma que “esto é unha insensatez e falta de responsabilidade do alcalde e do seu equipo de Goberno xa que hai veciños que levan meses agardando, por exemplo, por unha autorización de obra, estando mesmo en xogo diversas axudas que se poderían perder pur unha cuestión de prazos administrativos.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario