Torre de Amarante

sábado, 31 de julio de 2010

O PSdeG-PSOE DE ANTAS DE ULLA CRITICA A PÉSIMA XESTIÓN ECONÓMICA E DE RECURSOS QUE FAI O GRUPO DE GOBERNO COAS PISCINAS PÚBLICAS

As piscinas públicas de Antas de Ulla son un dos maiores atractivos que ofrece o noso Concello durante o verán, e sen dúbida é a zona que máis actividade rexistra, pero unha vez máis e como o Psoe ven denunciando dende fai anos as piscinas e o resto das instalación deportivas atópanse nunha lamentable situación de deterioro e abandono. As labores de mantemento e conservación non se realizan en todo o ano e é preocupante que só se lles adiquen 10 ou 15 días de verdadeiro traballo xusto antes da apertura ó público, tempo que por outra banda resulta insuficiente o cal demostra a situación na que se atopan.
Deterioros
No entorno das piscinas existen graves deterioros de elementos que forman parte das instalación:
A pintura dos vasos das piscinas está totalmente desconchada.
As reixas que rodean as piscinas para tapar as canles que recollen o exceso de auga que recollen as piscinas están arrancados, rotos e desperdigados.
Nos escalóns que suben ós tobogáns hai plaquetas rotas, detalle ater en conta pois esta é unha zona á que os usuarios acceden descalzos.
Estos exemplos son unha mostra do abandono no que se atopan as instalación ó longo do ano pero sobre todo agora que están sendo utilizadas polo público, así como a total inexistencia de medidas de seguridade en toda a área a que calquera pode acceder.
Por outra banda a vexetación medra ó seu antoxo sen que por parte do Concello se fagan as debidas labores de mantemento.
Medidas hixiénicas
As duchas non funcionande xeito regular, os aseos públicos e os vestiarios están sucios e abandonados, e non debemos esquecer que son de uso público polo que as medidas de conservación e as hixiénico-sanitarias teñen que ser especialmente rigurosas, sobre todo tendo en conta a masiva afluencia de público das instalación.
O pavillón polideportivo, a pesar de que se fixeron inversións, non se aprecia que se fagan labores de conservación entre outros pola suciedade que hai, polos excrementos das aves que campan por dentro as súas anchas e pola falta de hixiene nos vestiarios que utilizan os equipos de fútbol durante a tempada así como os que participan no maratón de fútbol sala.
Almacén municipal
A zona do aparcamento asemella máis un almacén municipal que outra cousa . Aquí podemos atopar dende bidóns de productos químicos, bloques, farolas tiradas que están sin estrenar.
Esta área recretiva é o maior atractivo que ofrece Antas de Ulla durante o verán compartindo cos visitantes unha imaxe de completo desorden e falla de coidados.
É preciso decir que todos os gastos ocasionados pola área recreativa recaen directamente nos petos dos cidadáns de Antas de Ulla a través dos presupotos municipais, sen que ningún visitante faga aporte económico algún, de xeito que tamén supón unha fonte de gastos para os veciños ademais da incomodidade de compartir as instalación cun numerosísimo público.
Todo o exposto pon en evidencia mala xestión económica e dos recursos que se fai dende o equipo de goberno, que neste caso, como noutros moitos o único que fan é improvisar con actuacións non previstas de xeito que nunca se coñece cal é a data de apertura das piscinas ata que abren, nin e pode calcular con certeza que gastos hai que facer porque ó estar completamente abandonadas é prácticamente imposible calcular os costes da posta a punto.
O máis grave é o risco permanente de sofrir accidentes dentro das instalación por non cumplir a normativa aplicable en Galicia nin facer as labores máis básicas de mantemento, xa que atopamos numerosos desperfectos nos pasillos que rodean as piscinas donde é moi fácil que se produzan cortes nos pés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario