Os socialistas realizamos esta reclamación, unha vez máis, propoñendo ao alcalde que tome medidas para restaurar o único parque infantil que existe en Antas de Ulla. A resposta foi nula ata o momento, e a implicación do goberno municipal na resoluución do problema tamén. A día de hoxe a situación de deterioro é maior e tamén se precisaria desinsectación pola aparición de pulgas que producen picaduras aos nenos.
No mes de xullo advertimos ao alcalde que non hai mantemento nas instalacións do parque infantil, que o vaia do peche perimetral está rota, os elementos de xogo desconchados e con partes de
madeira astilladas. Por iso, demandamos mediante unha
moción rexistrada, que o Concello de Antas de Ulla realice labores
de limpeza no Parque Infantil para garantir aos usuarios as condicións
hixiénico-sanitarias.
A atención á nosa proposta foi nula e o resultado son nenos acribillados por picaduras de pulgas.
A comenzos do verán rexistramos no Concello unha
moción para esixir ao Alcalde mellores dotacións no único parque infantil da
localidade que non cumpre as mínimas normas de seguridade e hixiene.
Advertímoslle que o mantemento desta instalación infantíl foi practicamente
nulo dende a súa creación, por iso está sucio, con acumulación de lixo na
papeleira e en todo o recinto. Sinalamos tamén que tampouco hai mantemento nas
instalacións, xa que levan varios meses coas lousas levantadas, o vaiado do
peche perimetral roto, os elementos de xogo desconchados e con partes de
madeira astilladas e rotas, con todo o perigo que conleva o mobiliario.
Denunciamos publicamente que a maiores destes desperfectos, o entorno non está
adaptado para albergar xogos infantís, xa que a principal rúa pola que discorre
pegada ao parque é una falsa rúa peatonal, que só conta con sinalización nunha
dirección polo que os vehículos que veñen na outra dirección descoñecen que
poden atopar nenos xogando na calzada. A maiores a Praza Nova ten uns
elementos decorativos formados por
cepos, que tanto pola súa angulosidade, como pola altura, supoñen un claro
elemento de risco de accidente para os máis cativos, ademáis fan de refuxo para moitos gatos sen dono. O mesmo sucede coas
escaleiras e zona de acceso á Praza Nova dende o Parque, que resultan inseguros para os máis cativos.
Por
todo isto, demandamos mediante unha moción rexistrada, que o Concello
de Antas de Ulla realice labores de limpeza no Parque Infantil para garantir
aos usuarios as condicións hixiénico-sanitarias.
Nesta
proposta reclamamos que se realice as labores de mantemento precisas para
garantir a seguridade dos nenos e demáis usuarios do Parque infantil;que se
repare de xeito inmediato o chan e a valado de peche perimetral; que se
substituía
ou modifique aqueles elementos de xogo que polo seu deterioro ou desperfectos
poden supor un risco para os nenos e demais usuarios.
Sobre
a sinalización viaria demandamos que o Concello de Antas de Ulla adapte a
sinalización de falsa peatonalización, na Rúa da Igrexa para que non supoña un
risco para condutores e peóns. E que se eliminen aqueles elementos que supoñan
un risco ou perigo para os usuarios por non tratarse de mobiliario urbano
homologado”.
Demanda dun novo parque infantil
Por
ultimo demandamos ao Concello a dotación dun segundo parque infantil ubicado
nunha zona que conte cunha mellor orientación, de tal xeito que reciba máis
horas de sol no inverno e menos no verán contando cunha zona de sombra nos
espazos de xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario