-
A voceira do PSOE en Antas de Ulla,
Pilar García Porto, anunciou que preguntará no Pleno “cales foron os motivos
polos que non se realizou esta celebración no centro da vila, e nun lugar
céntrico e público, como todos anos”
-
Lembra ademais que presenta esta queixa tras as demandas do sector hostaleiro e
dos veciños, “que non entenden porque non se celebrou na praza cuberta do
Concello, o lugar habilitado para este tipo de celebracións”
- A voceira empraza ao
Alcalde a poñerse a traballar por todos e cada un dos veciños de Antas de Ulla,
e pediulle que recupere outras celebracións consolidadas como o Dia dos Maiores
ou a Feira do Queixo
Antas
de Ulla (Lugo), 5 de xaneiro de 2018.- A voceira do PSOE en
Antas de Ulla, Pilar García Porto, denunciou hoxe “a política clientelar e
caciquil do Alcalde coa celebración da Festa de Fin de Ano da vila”. A voceira
anunciou que preguntará no vindeiro Pleno “cales foron os motivos polos que non
se realizou esta celebración no centro da vila, e nun lugar público, como se
leva facendo dende fai anos”.
García Porto remarcou “que presenta esta
queixa tras as demandas que lle fixeron chegar ao Grupo Socialista os veciños
de Antas de Ulla, “xa que non entenden porque esta celebración con gran
tradición entre a poboación, non se celebrou na praza habilitada para estes
eventos”.
A voceira socialista empraza ao Alcalde
a poñerse a traballar por todos e cada un dos veciños de Antas de Ulla, e
pediulle que deixe de utilizar os recursos públicos en beneficio de toda a
poboación, e recupere outras celebracións consolidadas como o Dia dos Maiores
ou a Feira do Queixo.
Por último García Porto dixo que “a
actitude pasotista do Rexedor privou
aos veciños de Antas de Ulla da celebración da Festa de Fin de Ano, que é o
mais grave. Non se pode gobernar o Concello de costas aos veciños, senón
dialogando a traballando ao seu carón, polo tanto pedímoslle que abandone esta
actitude ditatorial; e demandámoslle que conte con todos para tomar estas
decisións”, resumiu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario