Torre de Amarante

miércoles, 23 de junio de 2010

EN ANTAS NON HAI GOBERNO

ANTAS DE ULLA SOFRE UNHA CAÓTICA SITUACIÓN DE DESGOBERNO

O Alcalde, Javier Varela non convocou ós concelleiros ó Pleno que tiña que terse celebrado fai xa un mes.

Os socialistas entendemos que o Pleno é o instrumento mediante o cal a oposición e o goberno presentan as súas propostas e as debaten. É, ó noso entender, un instrumento fundamental para o correcto funcionamento da democracia. Pero, desgraciadamente en Antas de Ulla a situación é ben diferente, pois o alcalde obstaculiza esta vía de encontro entre os problemas e necesidades dos veciños e as solucións que se poidan adoptar, como o amosa o feito de que xa pasase un mes dende a data en que tiña que celebrarse o último Pleno. Este comportamento pon de manifesto que a alcaldía está sumida nunha parálise absoluta e nun desgoberno caótico.

Esta fórmula resalta a despreocupación real do alcalde polos problemas diarios dos veciños, como pon de manifesto o feito de que en máis de tres anos nunca levase unha proposta do PSdeG-PSOE ós Plenos.


Sin explicacións

Esta situación é innecesaria e podería terse evitado fácilmente.
Ó alcalde de Antas de Ulla suponlle moito esforzo dar explicacións, como podemos deducir polos seus comportamentos nas sesións plenarias, e así facendo gala deste comportamento habitual, tomou esta decisión de xeito unilateral, sen facer ningún comunicado previo, simplemente un dos empregados municipais achegou ós concelleiros a información relativa a unha resolución da alcaldía para a solicitude dunha subvención á Consellería de Traballo e Benestar e expresou que o na data prevista para a celebración do Pleno se prevía que o Secretario ía estar de baixa.

Por iso dende o PSdeG-PSOE entendemos que esto se podía solucionar de xeito sinxelo, pois aída que para a celebración da sesión se require a asistencia do Presidente e o Secretario, éstes poden ser sustituídos por quenes legalmente poidan facelo. Así os socialistas defendemos que se podía adiantar ou retrasar o pleno, ou mesmo continuar con él como estaba previsto, era algo tan simple como solicitar á Deputación de Lugo que a través do Servizo de Asistencia e Asesoramento Xurídico ós Concellos enviase un sustituto.

Tal vez, o que preocupa ó alcalde é que para solicitar a subvención a que anteriormente se facía referencia, entre outra documentación ten que achegar un informe onde conste a disposición de financiamento para as partidas orzamentarias que sexan financiadas por dita subvención.

A situación en Antas de Ulla resulta alarmante xa que este concello está traballando cos orzamentos prorrogados dende o 2004 e a situación económica resulta moi precaria xa que en repetidas ocasións no pleno apróbanse créditos para facer fronte a débedas con ata tres ou catro anos de antigüedade.

Precísanse explicacións

O PSdeG-PSOE esixirá explicacións ó equipo de goberno cando novamente se celebre un pleno, xa que esta foi unha decisión autoritaria, sin ter en conta a opinión do resto de concelleiros e dos diferentes grupos políticos, simplemente o alcalde decidíu suprimir o pleno de xeito inxustificado.

Así, mentras en Antas de Ulla imos pasando da Feira do Queixo ó San Xoán, o alcalde deixa os deberes sin facer, e é que non se da conta de que os tempos da antiga Roma pasaron e un pobo non se alimenta con circo.

En todo caso, esto é unha mostra máis de que a situación actual non é a dun mal goberno, en Antas de Ulla, simplemente non hai goberno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario