Torre de Amarante

viernes, 5 de noviembre de 2010

O alcalde de Antas de Ulla rexeita unha inversión 400.000 €

A Deputación de Lugo, a través do programa Innóvate ofrece ós concellos da provincia a posibilidade de implantar a administración electrónica, de xeito completamente gratuito para as entidades municipais, e mellorar así a participación cidadán na vida local. Todas as actuacións que se propoñen implican a implantación de equipamentos e infraestructuras, así como a formación do persoal que o precise.
A administración electrónica permítelle ós cidadáns realizar un seguimento dos documentos que teñen en trámite a través do concello, dende  o seu fogar e a través da rede, dun xeito cómodo, seguro fiable e totalmente transparente, xa que en calquera intre o usuario pode coñecer a etapa da tramitación na que se atopa a súa documentación.
En pouco tempo todos os concellos, sen excepción terán que cumplir a Ley 11/2007 e veranse obrigados a facer melloras tecnolóxicas que no caso de Antas de Ulla entre infraestructuras e as aplicacións necesarias alcanzaría un valor de 400.000€, “un gasto que dentro dun tempo pagaremos todos os veciños e veciñas de Antas de Ulla cos fondos municipais, cando agora podería facerse de xeito que non incrementase os gastos das arcas municipais”.
“Unha vez máis o alcalde elude o seu compromiso e responsbilidade ó fronte do goberno local deixando pasar de largo unha oportunidade de evitar un enorme gasto para o concello. Esto pon evidencia una vez máis a desidia e abandono das súas obrigas para traballar de xeito imparcial para todos os veciños de Antas de Ulla e a súa xestión económica”.
“Desaproveitar esta oportunidade significa empeñar a este concello no futuro, pois cando haxa que facer as adaptacións precisaránse arredor dos 400.000 € para levalas a cabo, e entón haberá que recurrir ós créditos”
Unha vez máis este concello queda á cola dos da comarca e restantes concellos da provincia pois cabe lembrar que en total o 80% dos concellos acolleu  de bo grao esta medida.
“Os socialistas de Antas de Ulla opinamos que esta medida aportaría maior axilidade a todo o papeleo que hai que tramitar a través do concello, algo imprescindible nos tempos en que vivimos, pois entre os nosos veciños son moitos os que se viron obrigados a pedir prórrogas en diferentes subvencións por retrasarse demasiado os trámites administrativos municipais, e nos entendemos que esto se produce por falta de medios, de xeito que non chegamos a comprender por qué o alcalde non asinou a adhesión voluntaria ao proxecto Innova-TE cando este proxecto ten como obxectivo complementar, se é que as houbera, as iniciativas en materia de Administración Electrónica que se estean a desenvolver o se teñan planificadas no Concello. Por qué se renuncia a esta oportunidade de salvar un gasto importante de xeito gratuíto, que á vez aporta beneficios ós traballadores municipais e ós cidadáns, xa que trae da man  maior axilidade nas tramitacións e total transparencia”.
“Por todo o manifestado tentaremos que a alcaldía explique no próximo Pleno, cáles foron os motivos que o levaron a tomar esta decisión de xeito unilateral en perxuízo dos vecinos”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario