Torre de Amarante

domingo, 21 de noviembre de 2010

QUEREN QUE COMAMOS AS CONTAS SEN COCIÑAR E QUE NOS GUSTE

O pasado 26 de octubre do 2010 tivo lugar unha reunión da Comisión Especial de Contas do Concello de Antas de Ulla, non foi sen tempo!!!, despois de catorce anos sen que se producira este feito e tras moito insistir e sacarlle os colores ó alcalde nos Plenos conseguímolo, por fin poderíamos darlle solución a situación irregular que sofre o noso concello tal e como din os informes do Consello de Contas de Galicia.
Tras a celebración desta  reunión, abriuse a primeiros deste mes  o período de exposición pública das Contas  Xerais do Concello de Antas de Ulla correspondentes ás anualidades 2004, 2005, 2006 e 2007.

Durante dito período a documentación solicitada polos concelleiros e a voceira do PSdeG-PSOE non foi posta á nosa disposición nas repetidas ocasións en que foi solicitada e nos términos legalmente establecidos, alegando, según manifestacións do Secretario-Interventor, non estar dispoñible na súa totalidade.

Ante tales feitos procedemos a solicitar a información precisa por escrito, para que quedara manifesta a necesidade de acceder a toda a documentación solicitada para realizar as pertinentes labores de control e fiscalización por parte dos concelleiros da oposición, ós que os obriga a lei. 

Por outra banda,  o Concello de Antas de Ulla  conta cunha sociedade mercantil de capital íntegramente municipal, denominada “Empresa de Promoción Integral do Concello de Antas de Ulla, S. L.”, que ten a obriga de presentar as contas anuais e sometelas á Xunta Xeral da mesma , órgano formado polo Pleno do Concello de Antas de Ulla. As contas de dita empresa nunca foron presentadas ante o Pleno (dende a súa creación no ano 2001), e a documentación sobre as mesmas aportada para a súa revisión durante o período de exposición pública das contas xerais do Concello, non conta coa firma da totalidade dos administradores, e tampouco se aportan os correspondentes xustificantes de ingresos e gastos tal como prevé a lexislación vixente.

Así mesmo, o alcalde do Concello de Antas de Ulla, don Javier Varela Pérez, convocou a celebración dun Pleno Municipal de carácter extraordinario urxente, a celebrar o día 22 de novembro de 2010, para a aprobación das conta xerais do Concello de Antas de Ulla dos exercicios 2004, 2005, 2006 e 2007. A citada convocatoria foi realizada fora dos prazos mínimos establecidos pola lei, xa que o anuncio da exposición pública dos citados exercicios fíxose o día 29 de outubro do presente ano, polo que, entre esa data e a prevista para a celebración da citada sesión plenaria transcurriu un período de días inferior ós quince previstos para exposición pública máis os oito posteriores para a presentación de reclamacións, reparos ou observacións.

-         Que se sometan a Xunta Xeral (Pleno do Concello de Antas de Ulla) as contas anuais da sociedade mercantil de capital municipal “Empresa de Promoción Integral do Concello de Antas de Ulla, S.L.” correspondentes ás anualidades 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007, para a súa posterior inclusión na Conta Xeral Municipal.

-         Que se poña a disposición dos concelleiros e o público en xeral a documentación necesaria para o control e fiscalización das contas xerais municipais correspondentes ás anualidades 2004, 2005, 2006 e 2007 na totalidade da mesma.


-         Que se cumplan os prazos mínimos de exposición pública e posterior período para a presentación de reclamacións, reparos ou observacións.
     
   Supoñemos que reacción do alcalde será a de sempre: facer caso omiso das nosas propostas e non amosar o máis mínimo interés polos problemas reais, porque un concello coas contas transparentes e claras, sen dúbida favorécenos a tod@s.









No hay comentarios:

Publicar un comentario