Torre de Amarante

sábado, 6 de noviembre de 2010

O PSdeG-PSOE DE ANTAS DE ULLA DENUNCIA A FALLA DE SENSIBILIDADE MEDIOAMBIENTAL DO ALCALDE

“O concello de Antas de Ulla mantén unha escombreira de uso propio en terreos municipais”
Os terreos municipais que rodean a nave na que se albergan a  Cooperativa Agraria e o almacén de maquinaria transformáronse co paso do tempo nun auténtico vertedoiro de lixo incontrolado.
Os socialistas pregúntanse cómo pode un alcalde controlar os vertidos incontrolados do seu concello, cando tralo almacén de maquinaria municipal se atopa un vertedoiro de  inertes o que supón unha auténtica vergoña de cara ós seus veciños e un deterioro do entorno natural.
Este vertedoiro supón  un importante foco de contaminación e de riscos sanitarios, ademáis de converterse nun posible foco de incendio.
Turismo con vistas a un vertedoiro
Xusto enfrente deste punto atópase o complexo castrexo que o alcalde pretende reformar con 83.573,03 € do FEIL 2010, e como él mismo explicou no derradeiro Pleno coa finalidade de fomentar o turismo, pois é ben penoso que ó outro lado da carretera a primeira imaxe que temos dunhas instalación municipais sexa a de total abandono da nave na que se almacena a maquinaria do concello e na cal tamén ten as súas dependencias a Cooperativa Agrararia de Antas de Ulla da que é secretario o propio alcalde, e todo isto rodeado dun vertedoiro de lixo incontrolado.
Unha vez máis o pasotismo da alcaldía .
Lamentamos  o nulo control que se está a facer dende o concello, pois o vertedoiro ten varios anos de antigüedade, e non só o nulo control senón o propio  uso que fai o concello deste punto de vertidos inertes.
En numerosas ocasións lamentamos a incomprensible  pasividade do alcalde e o seu equipo ante outros asuntos, e agora ante este problema entendemos que o rexedor non  ten a suficiente sensibilidade medioambiental ante un problema que é de todos e que ofrece unha das máis desoladoras imaxes de Antas de Ulla nada máis aterrizar neste concello.
No último Pleno celebrado o alcalde afirmou que o problema estaba resolto pois acababan de encargar un contenedor para limpiar o lugar, a verdade e que pasaron dous meses e non se fixo ningunha labor na zona, simplemente se depositou o contenedor no lugar, nin se indicou para que sirve nin se transladaron a él vertidos.

Os vertidos aumentan
Podemos atopar de  todo dende electrodomésticos abandonados, a escombro, pasando por residuos metálicos ou plásticos de uso gandeiro e  unha morea de colchóns   e outros por non falar da maleza que cubre moita da superficie chegando as silvas ata o teito da nave, maleza que en caso de incendio supón un risco engadido.

Con respecto a esta situación solicitaremos de novo no vindeiro Pleno que se proceda a eliminación deste punto incontrolado de vertidos e a recuperación dos terreos, así como a creación dun punto limpo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario