Torre de Amarante

lunes, 20 de agosto de 2012

DENDE O PSOE DE ANTAS RECLAMAMOS ACTUACIÓNS INMEDIATAS NAS TRAÍDAS DE AUGA MUNICIPAIS.


Os concelleiros do PSdeG-PSOE denunciamos o mal estado dos tanques de auga no Monte Farelo.
O grupo socialista reclama melloras urxentes na traída de auga de Olveda.

Antas de Ulla, 19 de agosto de 2012. Durante a fin de semana os concelleiros socialistas de Antas visitamos distintas instalacións destinadas ó abastecemento de auga potable á poboación deste concello. Nesta ocasión, ó igual que aconteceu o ano pasado atopámonos cun tanque no Monte Farelo, próximo os petroglifos que alí se atopan nunha situación totalmente precaria e se cabe irregular, e así o relatamos “ a porta de entrada estaba aberta, calquera pode acceder ó interior do tanque, tanto persoas como animais”,  “ ademais toda a instalación se atopa nunha lamentable situación de abandono, os materiais están moi deteriorados e oxidados e o clorador que alí hai está desinstalado”, hai que decir que “ isto é un perigo para todos porque se  pode producir un accidente no interior das instalacións xa que calquera pode entrar libremente e sufrir un accidente no interior, calquera pode acceder a auga de consumo para o público, poden caer animais no interior”, cabe sinalar que nos parece unha locura arriesgar así a seguridade e saúde dos veciños de Antas”,  “ ademais todo indica que se trasvasa auga do tanque de incendios da Xunta de Galicia para o consumo porque hai unha tubería que os comunica e días atrás no lugar estaba traballando unha bomba, igual que o ano pasado para enviar auga dun tanque a outro sen ningún tipo de control hixiénico ou sanitario”.
Por este motivo solicitaremos no concello as análises de auga obrigatorias e os controis periódicos pertinentes que o concello ten a obriga de realizar ó non ter concedido a ningunha empresa externa a xestión deste servizo.
Unha fin de semana sen auga
De todos é sabido o mal funcionamento das traídas públicas do concello de Antas, dende o casco urbán ata as aldeas teñen problemas co suministro de auga. Numerosas situacións así o revelan, din  os concelleiros socialistas que ” por exemplo en Santa Mariña a pesar de existir traída pública a inmensa maioría dos veciños utiliza a que é privada e de propiedade veciñal, no núcleo de Antas moitas foron as ocasións nas que o abastecemento de auga foi insuficiente durante a época estival. Esto mesmo é o que acontece ano tras ano en Olveda cando chega o verán, a veciñanza queda sen o servizo de auga da traída precisamente cando máis falla fai, cando mais poboación hai na parroquia, case chega a duplicarse o número de veciños, cando hai máis necesidade de ducharse polo traballo no agro e as altas temperaturas etc...”, “ ademáis na zona deOlveda hai importantes explotacións de gando e tamén industrias transformadoras do leite, como son as queixerías que ademais de darlle de beber ó gando teñen que utilizar auga no proceso produtivo”, puntualizan “ esta fin de semana nesta parroquia quedaron sen auga coas dificultades que isto  acarrea  para todos os veciños, esto no é unha novedade pasa tódolos anos, e por parte do concello non se da ningunha solución ó mal estado da zona de captación de auga nin ós desperfectos das conduccións, nin sequera temos constancia de que o alcalde ou algunha outra persoa do equipo de goberno se presentara alí onda ós veciños para interesarse pola situación”.
"Parécenos unha tomadura de pelo que dende o concello se cobren os recibos da auga atrasados por unha mala xesión municipal dende o ano 2008, e que non se de un servizo mínimo. E decimos tomadura de pelo porque hai veciños que pagaron cantidades moi elevadas nalgúns casos arredor de 600 euros, sen que dende o concello se realicen as lecturas periódicas e os cobros no plazo correspondente para que así a veciñanza poda levar un maior control do seu consumo e presentar reclamacións en caso de erro”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario