Torre de Amarante

lunes, 20 de agosto de 2012

LAMENTAMOS QUE O ALCALDE MENTIRA CO ANUNCIO DUN PLAN DE MANTEMENTO DAS CARRETERAS MUNICIPAIS.


Creemos que foi un farol do edil popular e desconfiamos  que o concello non teña os cartos anunciados para realizar as inversións necesarias para recuperar as carreteras municipais.
Antas de Ulla 17 de agosto de 2012. As vías de titularidade municipal do Concello de Antas de Ulla levan máis dunha década sen que nelas se realicen as imprescindibles labores de mantemento e conservación. Motivo este polo que se ven seriamente deterioradas e representan un perigo constante de sofrir  accidentes  ó circular por elas, máximo nesta tempada estival na que acoden a á vila e ás aldeas numerosos visitantes  que descoñecen os puntos máis conflitivos para a circulación.
Os socilaistas queremos aclarar que “o Concello de Antas de Ulla conta con 28 parroquias formadas en moitos casos por máis dun núcleo de poboación. Estes lugares están comunicados entre sí por estradas de titularidade municipal e de titularidade provincial, e mesmo algunhas pola estrada nacional N-640, sendo a máis extensa das tres a rede municipal”, e engaden “os veciños dos núcleos rurais vense obrigados, na maioría dos casos, a utilizar as estradas do concello para circular cos seus vehículos, tanto a hora de realizar os habituais traballos agrícolas e gandeiros como os forestais ou mesmo para acceder os servizos que se ofrecen na vila de Antas de Ulla”.
Os concelleiros do grupo socialistas explicamos que “a circulación polas vías de titularidade municipal vese seriamente prexudicada polo lamentable estado de abandono e deterioro que sofren as mesmas. Por todos é sabido que estas vías levan máis dunha década sen que nelas se leve a cabo un plan de conservación axeitado tal e como recoñecía o alcalde publicamente nos medios de comunicación hai aproximadamente 2 meses. Xa non se atopan simplemente “baches” orixinados recentemente senón que a situación vai máis aló, en moitos puntos a situación resulta tan delicada que o trazado da vía desapareceu por completo, noutros lugares o deterioro é tan evidente que os vehículos teñen que desprazarse do trazado normal, mesmo chegando a invadir o carril contrario, co conseguinte perigo de sufrir un accidente, saírse da vía ou provocar desperfectos no vehículo. Esto non é unha novedade por eso dende o PSdeG-PSOE solicitamos xa en varias ocasións que se elaborase un plan de actuación para resolver esta lamentable e perigosa situación para os veciños e para os usuarios en xeral destas estradas”.
Ademáis lamentamos que “na primavera do ano 2011, e coincidindo coa precampaña e campaña electoral municipal, o concello acelerou as actuacións pero dada a celeridade e falta de orde e seriedade con que se realizaron os traballos, os resultados foron practicamente nulos, a pesar do esforzo levado a cabo polos traballadores. O feito de facer remendos cun único e claro fin electoralista, sen empregar os materiais axeitados, en cada caso, xa que por exemplo moitas veces só se vertían unas paladas de grava ou zahorra soltas sen produto bituminoso que as emulsionara, trouxo como resultado que a día de hoxe o firme se atope en igual ou peor situación que hai un ano”.
Despois de que o alcalde de Antas de Ulla anunciara na prensa a súa vontade de destinar 200.000 euros ó que se detallaba como un plan de conservación destas estradas, das que o concello é o único responsable no que se refire a mantemento e conservación, anuncio no que se detallaban incluso as vías nas que se ían realizar as actuacións, mesmo se dicía que se comenzaría pola carretera que da acceso ó núcleo de Barreiro”.
Dende dito anuncio xa  transcorreron dous meses sen que se comenzara a realizarse ningún tipo de traballo, e valoran ademais que os traballos a executar precisan dun período de tempo extenso, dada a situación de deterioro dos pavimentos e a extensión das zonas afectadas. E engaden que é preciso  ter en conta tamén que xa atravesamos o ecuador do mes de agosto e estas labores se dificultan coa chegada do frío e a chuvia.
Ante esta falta de compromiso e seriedade por parte do alcalde os socialistas mesmo opinan que “probablemente o concello non conte cos cartos para facer a inversión anunciada por valor de 200.000 euros, xa que de contar con estes fondos e despois de recoñecer por parte da alcaldía a grave situación na que se atopan as vías municipais non ten sentido permanecer sen realizar as actuacións”.
Ante esta situación e as permanentes queixas dos veciños que xa lle fixeron chegar ó alcalde por escrito en máis dunha ocasión, dende  o Partido Socialista de Antas de Ulla prantexamos ó Pleno Municipal unha moción co seguinte acordo:
-       A realización das obras comprometidas publicamente polo Alcalde por importe de 200.000 euros para a reparación das vías rurais de titularidade municipal polas que é practicamente imposible transitar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario