Torre de Amarante

miércoles, 1 de agosto de 2012

Os socialistas de Antas propoñen melloras nas instalacións deportivas e o uso diferenciado das piscinas municipais


Dende o  Grupo Municipal do PSdeG-PSOE criticamos o mal estado dunhas instalacións que poderían ser de primeiro orde.

Os concelleiros ven como imprescindibles algunhas melloras urxentes e o mantemento continuo do conxunto.

Antas de Ulla, 01 de agosto de 2012. “En Antas de Ulla existen unhas instalacións deportivas que contan no seu entorno cunhas instalacións de ocio de  que poderían ser de primeiro orde se estiveran debidamente coidadas e atendidas polo Concello”, “as piscinas públicas de Antas de Ulla son un dos maiores atractivos que ofrece o noso Concello durante o verán, e sen dúbida é a zona que máis actividade rexistra, pero unha vez máis e como o Psoe ven denunciando dende fai anos as piscinas ó igual que acontece co resto das instalacións deportivas como son o pavillón polideportivo ou o campo de fútbol atópanse nunha lamentable situación de deterioro e abandono. As labores de mantemento e conservación non se realizan en todo o ano e é preocupante que só se lles adiquen 10 ou 15 días de verdadeiro traballo xusto antes da apertura ó público, tempo que por outra banda resulta insuficiente o cal demostra a situación na que se atopan”.
Afirmamos polo tanto que todos os veciños se ven afectados pola deficiente situación xa que moitos son usuarios habituais deste recurso de ocio pero ademais explican que a masiva afluencia de público de fóra do propio concello, que acceden como usuarios sen ningún tipo de control ou rexistro, dificulta a xestión e control do conxunto, “ ás veces chegan autobuses con xente, a semana pasada fomos testemuñas dun desembarco ,e nós estamos encantados de que a xente acuda a nosa vila para disfrutar o que non compartimos é a penosa imaxe que transmitimos do noso concello, unha radiografía que diagnostica a pobreza de goberno municipal que temos”, “ entendemos que o alcalde e o seu equipo, como xestores municipais que son, debería ter en conta: primeiro que se debería diferenciar o uso das instalacións deportivas do das piscinas, xa que unha cousa é acudir á zona de baño e outra utilizar indiscriminadamente toda a zona”,  “isto ó final sáenos a todos do peto, porque a maioría as persoas que veñen a pasar o seu tempo nas piscinas non para no pobo, son moi poucos os que paran nos locais de hostalería ou realizan algunha compra nos noso comercios, ademais as instalacións mantéñense con recursos que se destinan a este gasto non se poden ir para noutras cousas, cantas máis persoas, máis gasto..., ademais proxectamos unha imaxe de abandono que é a que levan do noso concello os visitantes que acuden a este espazo”. “É preciso dicir que todos os gastos ocasionados pola área recreativa recaen directamente nos petos dos cidadáns de Antas de Ulla a través dos presupostos municipais, sen que ningún visitante faga aporte económico algún, de xeito que tamén supón unha fonte de gastos para os veciños ademais da incomodidade de compartir as instalación cun numerosísimo público”.
Os socialistas propoñemos que esta zona se converta nun lugar de promoción do concello, no que se podan visualizar os recursos do concello e transmita orde, limpeza, coidados, atención....

Para iso empezamos por aclarar que as melloras fanse imprescindibles: o acceso ás instalación deportivas e de ocio das piscinas así como os elementos que as compoñen “deberían estar coidados ó máximo”, motivo este polo que criticamos abertamente “o abandono no que se atopa o polideportivo, a pesar de que se fixeron inversións, non se aprecia que se fagan labores de conservación entre outros pola sucidade que hai, polos excrementos das aves que campan por dentro as súas anchas e pola falta de hixiene nos vestiarios que utilizan os equipos de fútbol durante a tempada así como os que participan no maratón de fútbol sala.

A mala conservación xa se aprecia dende o seu exterior  pola presenza de cristais rotos, ou polo deterioro ou inexistencia de elementos deportivos como canastas, pésimo estado das gradas, isto tamén acontece no campo de fútbol o gradaría esta moi deteriorado e sucio e o campo de xogo ten o terreo e a vexetación desfeitos a pesar das enormes inversións alí realizadas”.

No entorno das piscinas aprécianse tamén graves deterioros dos diferentes elementos que as forman:

A pintura dos vasos das piscinas está en mal estado

Non existen medidas de protección de seguridade arredor dos vasos polo que as persoas realizan saltos e outras prácticas sen control, incrementándose tamén o risco de accidente por caídas.

As duchas non funcionan de xeito regular, dispoñen nalgúns casos de pouco caudal de auga e noutros non desaugan.

Os aseos públicos e os vestiarios están sucios e abandonados, e non debemos esquecer que son de uso público polo que as medidas de conservación e as hixiénico-sanitarias teñen que ser especialmente rigorosas, sobre todo tendo en conta a masiva afluencia de público das instalación.

“Ademais de realizar todas melloras precisas debería valorarse a posibilidade de diferenciar o uso das piscinas do resto de instalacións, xa que a xestión sería máis fácil, económica e eficiente que é o que ten que promover o goberno municipal"

Todo o exposto pon en evidencia mala xestión económica e dos recursos que se fai dende o equipo de goberno, que neste caso, como noutros moitos o único que fan é improvisar con actuacións non previstas e puntuais, de xeito que non se pode calcular con certeza que gastos hai que facer porque ó estar completamente abandonadas é practicamente imposible calcular os custes da posta a punto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario