Torre de Amarante

martes, 19 de enero de 2010

HAI QUE PREPARARSE PARA O APAGÓN

Por medio do Plan Técnico Nacional da Televisión Terrestre, aprobado polo Real Decreto 944/2005 de 29 de xullo, fíxase para o 3 de abril de 2010 a data límite para o cese das emisións da televisión analóxica terrestre.
Igualmente estableceuse un cronograma de ampliación da cobertura ata alcanzar niveis do 95 e 98 % da población no 2010 cunha serie de fases intermedias xa realizadas.
Os veciños de Antas de Ulla precisan recibir información próxima sobre os aspectos básicos da Televisión Dixital Terrestre (TDT) unha vez chegue o apagón analóxico así como dos pasos a seguir para acceder ás subvencións do Ministerio de Industria para mercar os sintonizadores, para non atoparse con sorpresas ante o inminente apagón analóxico (3 de abril do 2010).
En xeral o nivel de cobertura TDT en Antas de Ulla é correcto, pero poden existir deficiencias nalgúns casos que non teñan unha correcta recepción do sinal.

Por todo o anteriormente exposto, propoñemos no Pleno que se celebrará este mes a adopción do seguinte acordo:

- Que se cree unha oficina municipal para informar ós veciños e veciñas dos cambios que suporá a implantación da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e tamén para prestar asesoramento sobre as axudas existentes para a compra e instalaciónde sintonizadores así como da posibilidade de instalar microreemisores onde a cobertura sexa deficiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario