Torre de Amarante

martes, 19 de enero de 2010

TEMPORAL

Dende a pasada noite do mércores 13 de xaneiro ó xoves 14 e ata o día de hoxe máis de 100 vivendas permaneceron en Antas de Ulla sen suministro eléctrico, o cal supón un elevado número de persoas sin recibir este servicio.
Entre os núcleos afectados caben destacar os seguintes: Chorente, O Pumar, Arcos, Cabo de Arcos, Veloín, A Fraga, Billós, A Somoza, Río, Castro, Santa Cristina de Areas, A Hermida, Lebesende, San Mamede, A Agüela, Cibreiro, Peibás, Verín, Velanxil, algunhas casas do Castro de Amarante.
No casco urbán houbo vivendas afectadas polo corte durante aproximadamente 30 horas, así como o colexio público e o propio concello, e varios negocios da localidade.
Para unha poboación rural como é a do noso concello a situación complicouse pasadas varias horas sen suministro, xa que hai poboacións que non teñen traída e dependen exclusivamente dos pozos para ter auga corrente tanto para as vivendas como para o gando, numerosos electrodomésticos quedaron en desuso así como calefaccións e a auga quente.
A situación viuse agravada para unha poboación envellecida que precisa especiais coidados e atencións e que en moitos casos son dependentes, viven sos ou mesmo precisan da electricidade para determinados aparatos imprescindibles para manter a súa saúde.
Nas explotacións moitos foron os gandeiros que tiveron que acudir ó préstamo ou aluguer de grupos electróxenos para manter a producción e nalgúns casos mesmo se viron forzados a deixar saír ó gando para que poidese beber.
Mentras aproximadamente un tercio da poboación de Antas de Ulla vivía con preocupación esta caótica situación a compañía suministradora non informou adecuadamente ós usuarios de cales eran os motivos que ocasionaron tal situación qué pasos debían seguir como usuarios e tampouco ofreceron información fehaciente de cando se estimaba que podería recuperarse o suministro.
No concello a situación foi confusa, según manifestaron numerosos afectados, xa que algunhas persoas dan queixas de que non amosaron interés para solucionar o problema, mentres que outros manifestan que notificaron da situación ó concello, e cando outro veciño reiterou a protesta contestáronlle que non tiñan coñecemento da mesma.
O PSdeG-PSOE de Antas de Ulla manifesta que esta non é a primeira vez que este concello sufre situacións deste tipo nas que parece que ninguén ten responsabilidades e se pasan a pelota eludindo obligacións. A caótica situación non debe repetirse, a falla de información e as prácticamente nulas actuacións levaron a moitos habitantes deste concello a sentirse marxinados e frustrados. Por este motivo presentaremos ante o Pleno Municipal que se celebrará a finais deste mes unha proposta de elaboración e posterior aprobación dun Plan de Emerxencias Municipal (PEMU),que non constitúe unha obligación legal, pero , sen dúbida sería interesante contar con esta ferramenta cuio obxectivo principal é tratar de asegurar a realización de todas as actuaccións que contribúan a evitar, controlar e minimizar os danos causados polas situación de emerxencia..
Un PEMU é unha folla de ruta que marca os pasos a seguir ante casos de emerxencias e as directrices de actuación entre os medios para afrontar a incidencia. Tamén resultan útiles para diagnosticar as infraestructuras e os medios dispoñibles en materia de seguridade así como as deficiencias existentes.
O PSOE tamén preguntará no Pleno cáles foron as actuacións levadas a cabo polo concello en materia de prevención, emerxencia e seguridade nos dous últimos temporais o de neve que provocou abundantes situacións complicadas a causa do xeo e o de vento e choiva desta semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario