Torre de Amarante

martes, 19 de enero de 2010

O ENGANO DE SAN MARTIÑO

O PSdeG-PSOE de Antas de Ulla informa que os veciños de San Martiño de Vilapoupre amosan o seu descontento polas obras pertencentes ó Plan E que se están realizando no campo da festa de dita poboación.
Os veciños desta aldea tiñan coñecemento de que a través do Fondo Estatal se ían acometer un peche parcial do campo da festa, en concreto a parte frontal do mesmo que limita cunha estrada municipal, e que supón o principal acceso a San Martiño de Vilapoupre. Contemplábase na memoria un muro en pedra que ó tempo que delimitaba a superficie do campo facía de muro de contención para que non se desprendera a terra deste.
Pero esta semana atopáronse cunha situación diferente, xa que a empresa que está realizando as diferentes obras do FEIL neste concello, comenzou a cercar o espazo público con postes de pino, e delimitando toda a superficie, motivo polo que os veciños amosaron a súa decepción xa que as obras non son as mesmas que nun primeiro momento se contemplaban na primeira memoria do proxecto presentado ó Ministerio de Política Territorial, e as fontes da empresa executora manifestaron diante dos veciños non coñecer ningún proxecto e que seguían órdenes dun responsable municipal que os compañou para decirles por onde ía o peche.
Agora os veciños desexan coñecer cales foron os motivos que levaron ó alcalde e ó equipo de goberno a modificar as obras que se contemplaban nun primeiro momento, e que claramente tiñañ melloras importantes con respecto ás que se están realizando na actualidade.
O Partido Socialista de Antas de Ulla comparte a preocupación veciñal e procurará que en todo momento se executen as obras tal e como se contemplaba na memoria inicial do proxecto presentado perante o Ministerio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario