Torre de Amarante

martes, 3 de agosto de 2010

A DEPUTACIÓN DE LUGO CUMPRIU TRAS AS INUNDACIÓNS



A administración lucense destinou 1, 2 millóns de euros para reparar os estragos da choiva



A Deputación de Lugo cumpriu coa súa obriga de paliar os graves danos provocados polas inundacións causadas polas choivas rexistradas no pasado mes de xuño na comarca da Mariña.
Segundo destacou a vicepresidenta segunda da institución provincial, Lara Méndez, o organismo destinou 1,2 millóns de euros para actuar “de xeito inmediato e preparar as zonas para a chegada do verán”. Porén, a vicepresidenta reprochou ao Goberno da Xunta e ao seu presidente a súa falta de interese polos cidadáns e polas zonas afectadas polas inundacións.
Lara Méndez considera que “pese ao interese da Deputación e a información semanal que se subministraba á consellería da Presidencia, a Xunta non mostrou o mesmo interese”. A representante explica que “tal como se comprometeu o presidente José Ramón Gómez Besteiro tratouse de evitar gastos aos concellos” e dentro das actuacións que se levaron a cabo destacou as obras en 200 quilómetros de vías municipais, pertencentes a 34 núcleos de oito concellos. “Concretamente leváronse a cabo traballos para arranzar as fochancas en máis de 90 quilómetros e actuacións de limpeza en preto de 40”, explicou.
Na avaliación das políticas despregadas durante os días críticos que atravesaron os municipios afectados desempeñaron un papel “fundamental” os equipos humanos desprazados. Foron en total 20 traballadores que manexaron tres equipos de rego, dous camións, tres apisoadoras e dous equipos de limpeza. A posta en marcha de todas estas iniciativas, segundo sinalaron dende o pazo de San Marcos, aforrou aos concellos preto de 300.000 euros.
Diversos alcaldes consultados confirmaron que “aínda que hoxe quedan algúns temas pendentes o certo é que administración provincial estivo dende o comezo para tratar de recuperar a normalidade o antes posible”. Concretamente o alcalde de Burela, Alfredo Llano, sostén que “dende que fixen a primeira chamada aquí estivo moito persoal traballando e facendo un seguimento ata final de xullo”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario