Torre de Amarante

lunes, 30 de agosto de 2010

Qué boa visita!!!!!!!!!!


Este verán estivo entre nós un actor tan relevante en España como é Tristán Ulloa, non o fixo por ter Antas de Ulla un especial atractivo turrístico ( que como outras moitas cousas poderíamos telo) senón porque compartiu con esta terra  a súa infancia, esa etapa da vida que nos marca para sempre sen que sexamos conscientes delo, e que fai que tantos amemos este anaquiño do planeta dun xeito especial; que sexamos capaces de disfrutar coas paixaxes: porque aínda que levemos aquí toda a vida, cada día descubrimos con sorpresa novas belezas paisaxíxticas. Que sexamos capaces de relaxarnos co ruído das correntes de regos e ríos, que nos alegra a volta das anduriñas cada ano e nos advirte a súa marcha do fin do verán, época na que medran fungos e setas atrás dos que un pode pasar tardes enteiras buscando entre fantásticos cuadros de cores de outono......que botemos un soriso cando vemos que esta terra ten , en definitiva unha natureza viva que nos envolve e nos permite disfrutar da maior riqueza do mundo.
Mmmmmmmmmm.....qué maravilla de terra nos deixaron!!!!!!!!!!!!!!!

Para que poidades ver a entrevista de Tristán Ulloa deixovos o enlace http://www.lavozdegalicia.com/lemos/2010/08/19/0003_8676875.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario