Torre de Amarante

martes, 10 de agosto de 2010

¿QUÉ ESTÁ PASANDO EN FRÁDEGAS E NAS CANTEIRAS, DETRÁS DA GASOLIÑEIRA?

O Concello de Antas recurre á   superposición de obras para ocultar os erros do alcalde.








O alcalde de Antas xustificou unha inversión de 400.000 € no horto ecolóxico de Frádegas e 270.000€  e un obradoiro de emprego no complexo castrexo nas canteiras, detrás da gasoliñeira. A DÍA DE HOXE AMBAS OBRAS ESTÁN SIN REMATAR.

Despois de XUSTIFICAR como rematadas e COBRAR máis de 112 millóns das antigas pesetas por estas dúas obras faraónicas, o alcalde pretende tapar a pésima xestión realizada en Antas de Ulla invertindo 272.000€ máis procedentes dos fondos estatais (PLAN E) .

En total 942.000€ máis un obradoiro de emprego malgastados sen que den ningún fruto no noso concello. Os socialistas cremos que sería máis fructífero invertir en dotar de servizos básicos, como traídas ou saneamentos para toda a poboación do concello, ou mesmo restaurar en condicións as pistas rurais que están prácticamente intransitables.

Pero o alcalde decidiu  superpoñer dúas obras e cambiarlles o nome a fin de facer un lavado de cara de dous erros de xestión que lle están pasando factura.

ANTES
AGORA
INVERSIÓN TOTAL
COMPLEXO CASTREXO PARA A DINAMIZACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO (270.000€ + OBRADOIRO DE EMPREGO)
“PUESTA EN VALOR Y MEJORAS DE LOS EDIFICIOS DE PROPIEDAD MUNICIPAL SITOS EN AS CANTEIRAS” (83.573,02€)

353.573,02€ + UN OBRADOIRO DE EMPREGO
CENTRO SOSTIBLE DE ECOLOXÍA APLICADA
“DOTACION DE INFRAESTRUCTURAS, MEJORAS Y CONSERVACION DEL AREA DE ESPECIAL INTERES DE AUGAS” (186.586,97€)

586.586,97€

No hay comentarios:

Publicar un comentario