Torre de Amarante

lunes, 2 de agosto de 2010

OUTRA MALA NOVA PARA O RURAL GALEGO GRAZAS O PP


 A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo parlamentario do PSdeG, Mar Barcón, denunciou a redución de 'máis do 70 por cento' nas achegas a particulares das axudas da Xunta á rehabilitación de vivendas, e que afecta a 'miles' de galegos.
Tras reunirse con alcaldes e concelleiros de Urbanismo socialistas das principais cidades, Barcón explicou que as subvencións para rehabilitación dun máximo de 24.000 euros se reducen a 6.600, mentres que as destinadas a renovación dun máximo de 30.000 euros pasaron a 8.800 euros –no marco dunha partida global de 5 millóns de euros.

"Está tomando medidas contra os cidadáns", criticou a portavoz socialista. Deste xeito, Barcón asegura que a redución se executou a partir da aprobación do decreto do 1 de xullo e que afecta "tamén a vivendas pendentes de fin de obra", que xa están en marcha e cuxos propietarios realizaron as intervencións contando con esta axuda.

Este tipo de subvencións, engadiu, están destinadas a "mellorar a habitabilidade" e a "accesibilidade" das vivendas, ademais de supor "creación de emprego". Ademais, esta "redución drástica" de fondos afecta tamén ás pemes, que realizan estas obras "exentas de IVE".


Así, Barcón lamentou que a "chegada de Feixóo" supuxo unha ruptura da rehabilitación como "eixo prioritario" desde "hai máis de 20 anos" para os gobernos da Xunta, ao tratarse dunha política que beneficia tanto cascos históricos como barrios consolidados no medio rural e unha "maior garantía", para "evitar a fuxida de xente" das zonas antigas das cidades.

Culpa os concellos

A parlamentaria socialista denunciou, ademais, que o Executivo galego traslada "a xestión" das subvencións aos concellos, "desmantelando" a Consellaría de Vivenda e cedendo "responsabilidade" pero "ningún orzamento". "Sen diñeiro para persoal", lamenta.

Deste xeito, o PSdeG presentará diferentes iniciativas desde os concellos e na Cámara autonómica co fin de que se reforcen os orzamentos das oficinas municipais de vivenda, tras reclamarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas "menos investimento en publicidade institucional".

Así mesmo, canalizarán as queixas dos cidadáns afectados nos municipios e reclamarán explicacións sobre o destino dos fondos do Plan Estatal de Vivenda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario